23/05/25
XOSÉ LASTRA MURUAIS EXPLICA EN RADIO FOZ UNHA DESPEDIDA EN GALEGO EN VILAMEÁ (1969)
12/05/25
"PALABRA E MEMORIA" no "Con outra voz", de Félix Jorquera, en RADIOVOZ
21/04/25
CRÓNICA DE VIAXE POR TURQUÍA
María Fuente
Vouvos facer partícipes da miña viaxe por Turquía. Todo comezou hai uns anos en Bulgaria. Fixera unha viaxe para participar nun encontro de música a celebrar na cidade de Sofía por iniciativa dun proxecto europeo. Nesa viaxe fun co meu amigo Juan, tamén músico-terapeuta, con quen comparto iniciativa de músico-terapia en Asturias.
Estando en Bulgaria, Juan coñeceu unha moi linda rapariga turca chamada Ceren e o que parecía ser un romance de Erasmus+ continuou no tempo e chegou á celebración dunha voda en Ankara.
Considérome un pouco responsábel desa relación xa que fora eu quen convidara o amigo Juan a vir comigo a aquel encontro de emprendemento social e de cultura sustentábel celebrado en Bulgaria.
A voda foi moi divertida, con moita música en directo e moito baile, e observei diferenzas coas vodas en España. Por exemplo, os noivos comen antes da cerimonia porque despois non teñen tempo. A música e o baile fanse ao mesmo tempo que se fai a comida. Os convidados teñen o costume de dar diñeiro aos músicos mentres estes tocan. Tamén se venden as fotografías da voda no mesmo día.
Este é un dos motivos polos que estou aquí. Tamén porque me gusta moito viaxar e quería coñecer a Capadocia, un lugar máxico. Encantoume!!
Agora escribo estas impresións mentres estou no tren camiño de Istambul, onde estaremos uns días.
Vémonos! Apertas!!!
![]() |
| A autora da crónica durante a viaxe á Capadocia. |
14/04/25
DECRECEMENTO
![]() |
| Loureiro: condimento, fonte de alimentación natural. Foto: José López de Castro. |
13/04/25
IRIS
Michel Stassart
Cando encendín a computadora e conectei coa reunión do Curso de galego en liña, a sesión xa estaba comezada e vin que había unha persoa nova, descoñecida. Naquel momento estaba a falar a Fátima, que describía o que hai arredor da súa casa, desde onde escoita o son da corrente de auga do río Eo.
Rapidamente souben que a nova participante no grupo de neofalantes chámase Iris e procede do norte de Italia. Díxonos que o seu primeiro idioma foi o ladino, moi diferente do italiano, e que tamén aprendeu alemán. Despois de vivir en Barcelona, ela e a sua parella había tempo que buscaban unha casa con terra e atopárona en Devesos, unha aldea próxima a Ortigueira. Cerca desa casa hai un centro social con sede nun edificio que albergou a segunda escola laica de Galiza.
Iris ten unha filla e un fillo, que falan con ela en ladino, coa súa parella en catalán e cunha parte da familia materna en italiano. Agora estudan o galego e Iris aproveita a ocasión para aprender ela tamén. Apuntouse nas probas do Celga 2, que prepara pola súa conta e di que necesita practicar a fala. Queixouse de que os veciños esconden a lingua galega cando conversan con ela, salvo un dos directivos da asociación cultural A Devesana que lle facilita a integración na comunidade.
Despois da nosa conversa con Iris, no resto da sesión falouse de hortas. A Fátima ten. O Carlos tamén; e a Andrea, que estudou xardinería, quere poñer en práctica os seus coñecementos, mesmo que sexa nunha bañeira.
Ao final, o mestre avisounos dunha actuación de Sole Felloza en Betanzos e convidounos a acompañalo para coñecer a cidade e para asistir ao espectáculo, organizado con motivo do vixésimo aniversario da asociación Roxín-Roxal.
12/04/25
ESCOLA DE ARROXO: UN LUGAR ABERTO A TODAS AS PERSOAS SOLIDARIAS
09/04/25
O FOGAR DO PAN
![]() |
| Oferta gastronómica do Fogar do Pan, na Coruña Michel Stassart |
Simón, o noso fillo, veunos
visitar durante uns días e fomos á Coruña para estar con el. Un dos lugares
polos que pasamos foi a “Tahona. O fogar do pan", en Mato-Grande, á
entrada da cidade. Este barrio foi nos anos 90 un grande descampado cheo de felga
e silvas. Aínda lembro pasear co Simoniño polas corredoiras que nos levaban a
Eiris por entre algunhas pequenas leiras moi próximas do camiño de ferro. Case
podo dicir que eran "as ribeiras do camiño de ferro" porque por ali o
tren circula como polo leito dun río.
Esta tafona especial, que
complementa o nome comercial coa explicación de que se trata do fogar do pan,
ten na cidade 7 despachos de pan. A central, o local de toda a vida, onde abriu
no ano 1948 e onde ten os fornos, sitúase na praza de Lugo e nel só despachan
os pans feitos con fariñas de cereais variados e a súa extensa oferta de
pastelaría. Nas outras tendas teñen cafetería, terrazas e ofrecen almorzos
e xantares.
"O fogar do pan" ten
unha páxina web e os perfís das redes sociais redactados en galego. Dan o
"Bo día" con café e bolería artesá, mais tamén o ofrecen doutras
maneiras a escoller: con torradas, con biscoito (especial para amantes das
larpeiradas) e tamén con "compango" salgado.
Aínda me esquecía de dicirvos
algo fundamental: o pan está delicioso.
28/03/25
LINGUA E CULTURA PARA NEOFALANTES NA ESCOLA DE ARROXO
Carlos é de Madrid e agora retornou á fonte das súas raíces en Lourenzá. En Madrid tamén naceron José Manuel, que vive en Riotorto, e Fátima, que se asentou na Ponte Nova, da mesma maneira que o fixeron noutras localidades da Mariña a brasileira Cláudia, a romanesa Mirela ou o arxentino Juan Carlos.
Como medida de cohesión social, todas estas persoas tomaron a iniciativa de facer inmersión na cultura galega. Para iso reúnense cada sábado ás cinco da tarde na escola de Arroxo, entre Lourenzá e Mondoñedo, e todos os mércores ás 10 da noite virtualmente a través de teléfonos e ordenadores, coa orientación de Bernardo Penabade. Como complemento, apóianse diaria e mutuamente a través dun grupo de whatsapp e acuden á axuda do profesor na casa: a famosa páxina www.ogalego.eu, de Anxo González e Vitoria Ogando.
![]() |
| Cartaz anunciador do curso |
Este sábado, 29 de marzo, ás 16:30 horas, o grupo trasládase ao Museo Provincial do Mar de San Cibrao para desenvolver unha sesión aberta ao público. Será unha oportunidade para dar a coñecer esta iniciativa de aprendizaxe, compartir os traballos de investigación que están a realizar e visitar a exposición Palabra e Memoria, que recolle unha selección de fotografías de epitafios.
27/03/25
RINCÓN DO MIS (FOZ)
Andrea López Martínez
Nada máis entrar ao xardín a pé ou en coche, saúdanos un painel informativo. A primeira palabra que nos di é "Benvidos", antes de presentar os horarios xerais, os específicos da cociña, o servizo de ceas, a oferta do menú do día e o horario de desaloxo (ás 00:30 h).
Se avanzamos un pouco por entre as casas de pedra restaurada, á entrada do restaurante recórdannos cun adhesivo na porta: ”Aquí usamos o galego”. Estamos no Rincón do Mis, en Foz. Alfonso e Pablo son os donos deste establecimento que inicialmente abriran con outro amigo co que estudaran na escola de hostalería.
A súa oferta comprende desde eventos como vodas e bautizos, restaurante con carta e menú diario e aloxamento. Por iso din que o seu servizo abarca en maior medida a comarca, mais tamén o resto do mundo. Aínda que sexa un lugar frecuentado por persoas de todas nacionalidades e teñan ao seu dispor a carta en castelán ou en inglés, a empresa aposta pola comunicación corporativa en galego. Xa o comprobamos a través da rotulación e tamén se pode ver todos os días a través das súas redes sociais. Alfonso dinos: “Nós somos galegos e temos un compromiso coa nosa terra e co idioma. Consideramos importante poñelo en valor”.
![]() |
| O compromiso explícito co uso do idioma galego aparece xa na porta de entrada ao restaurante. Neste caso é un autocolante da iniciativa "abertos ao galego" promovida pola Mesa. |
![]() |
| Imaxe da oferta e explicacións dun menú especial |
21/03/25
ESTUDO DO PATRIMONIO DOS CEMITERIOS DA FONSAGRADA, IBIAS E NEGUEIRA DE MUÑIZ
O escultor Pablo López visitou camposantos de tres concellos e incorporouse ao equipo Palabra e Memoria, que estuda o patrimonio documental e a estabilidade do uso do galego no ámbito familiar
![]() |
| Igrexa de Pacios de Mourisco. Foto: Pablo López. |
![]() |
| Igrexa da Bastida (Xestoso de Baixo). Foto: Pablo López. |
![]() |
| Igrexa de Bruicedo, onde o idioma galego escrito está representado por unha inscrición. |
![]() |
| Piñeira (A Airexa). Foto: Pablo López. |
![]() |
| Muro situado en Parada Vella (Fonsagrada). Foto: Pablo López. |
igra![]() |
| Igrexa de San Martín de Arroxo. Foto: Pablo López |
![]() |
| Caderno de Campo do traballo realizado por Pablo López en Santa Xuia |
29/01/25
PALABRA e MEMORIA-RIBADUMIA NA RADIO AROUSA - CADENA SER
29/11/24
RÁDIO COMERCIAL: PONTE COMUNICATIVA ENTRE GALIZA E CABO VERDE
![]() |
| Área de controlo no estúdio da Rádio Comercial de Cabo Verde, na Achada de Santo António (Praia) |
![]() |
| O jornalista Adilton Agues e o professor Lourenço Gomes no estúdio da Rádio Comercial uns minutos antes da entrevista. |
![]() |
| Adilton Agues explica a Bernardo Penabade o funcionamento da mesa usada para programas em que a mesma pessoa se ocupa da locução e do controlo técnico. |
25/10/24
INTERVENCIÓN DE KARINA PARGA NO SEMINARIO DE ATENCIÓN AO ALUMNADO INMIGRANTE
![]() |
| Karina Parga durante a gravación do programa Proxecto Neo. FOTO: Lucía Rivas |
18/10/24
Os XXVI Encontros para a normalización lingüística apuntan que o galego alza o voo nas exequias
Abderrahim El Aziri Sounni (da Unión de Comunidades Islámicas); José Luís Zapata (do Consello Evanxélico) e Rubén Aramburu (da Igrexa Católica) acollen nas súas mans o Cancioneiro da Ajuda, como símbolo do diálogo entre culturas.
Un exemplar do Cancioneiro de Ajuda, o máis antigo e verificado dos cancioneiros da lírica galego portuguesa, presidiu a mesa dos XXVI Encontros para a Normalización lingüística, cita organizada polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. Este libro, símbolo do período de esplendor da cultura galega, presentouse como fío de unión das diferentes confesións relixiosas que participaron nesta cita que puxo en evidencia o incremento de uso do galego nos ritos funerarios. Representantes das confesións relixiosas maioritarias que existen en Galicia (católica, evanxélica e islámica), xunto cos empresarios implicados en diferentes partes dun acto funerario...) destacaron que o galego gaña terreo nas exequias e que ven na lingua un fío de unión e de concordia. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez destacou na inauguración o carácter de nexo desta cita e avanzou que nos vindeiros días se presentará un documento coas conclusións. Pola súa parte, Valentín García, secretario xeral da Lingua, destacou a importancia do uso do galego nun momento tan familiar e íntimo como é un pasamento. Os relatorios foron gravados e as intervencións pódense consultar no sitio web e as redes sociais.


























