José López de Castro Sandoval
Coñecín o escritor Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política, nunha conferencia en Vegadeo, un día antes de que participase noutras dúas charlas na Casa da Penela e na escola de Arroxo. En todos estes actos falou de necesidade do decrecemento na nosa sociedade contemporánea e explicou a teoría económica contraria a aquilo que pide o capitalismo: crecer.
En vez de crecer, decrecer: bonita teoría e belas palabras. Así son as utopías. Podemos reducir o gasto nalgúns bens? Seguro que si, mais nun mundo onde todos os países están inter relacionados non é nin será unha tarefa fácil. Quizais en pequenas comunidades sexa posíbel aplicar estas políticas, mais eu non o vexo nun mundo complexo onde o consumo é unha regra fundamental. O profesor díxonos que o decrecemento debería ser unha tarefa xeral, por agora moi afastada: cantos partidos políticos levan estas ideas, estas propostas nos seus programas de goberno?
Dise que a fé move montañas, entón quizais tamén a teoría do decrecemento poda movelas. Creo que ao defender o decrecemento, Carlos Taibo aproxima máis o ser humano á natureza. Iso significa que no futuro coidaremos máis das plantas e das árbores e entón...todos os loureiros -non só o de Arroxo- crecerán máis felices.
![]() |
Loureiro: condimento, fonte de alimentación natural. Foto: José López de Castro. |
José López de Castro Sandoval naceu en Burgos. Estudou Dereito e Socioloxía. Despois de pasar por Bilbao e Sevilla, desde outubro de 2024 está en Foz.
Sem comentários:
Enviar um comentário